Revista do Álvaro Cunqueiro
Xa está, nunha versión on-line, ''O Trasno'', a revista do instituto. Fálase de temas diversos, pero cabe destacar a presenza do tema da situación do galego, moi presente neste curso debido ao decretazo, na revista. Xa de paso, dicer que non pode ser que os políticos queiran levar adiante tal ameaza á nosa lingua cando non só aqueles fieis defensores do idioma, senón tamén institucions como os colexios católicos galegos ou a Real Academia Española pronúncianse contra tal política das clases dirixentes.
Ademais, fálase doutro moi interesante tema que son as posibilidades dos fillos dos obreiros a acceder á Universidade. Tambén hai referencias ao día das letras galegas, adicado este ano a Uxío Novoneyra, á exposición de selos e aos premios que outorgan distintos departamentos no eido literario. Por certo, acadei a segunda posición na narrativa galega (coa ''Rúa da morte'' e publicaron o meu artigo de opinión sobre o galego que se pode ollar neste mesmo blog.
0 voces:
Postar um comentário