Libros Recomendados

 Aquí escribirei os libros que me marcaron, intentando facer unha lista mes a mes. Para persoas que, coma min, non saben que libro elixir ao rematar outro.

Abril
·Os xirasois cegos, Alberto Méndez: impactante libro sobre a guerra civil. A miña interpretación, non olvidar nunca aos camaradas que perderon a vida polas súas ideas, e a victoria dos perdedores.
·Rebeldes, Susan E. Hinton: enganchadiza novela que fai un análise da violencia nas rúas e demostrando o por que do fenómeno.
·O único que queda é o amor, Agustín Fernandez Paz: relatos do autor vilalbés do amor e o desamor que modifica a vida das persoas por completo.
·Resistencia, Rosa Aneiros: a lin hai uns meses, pero é interesante o cóctel do amor xunto coas ideas libertarias.
·O último dia antes da felicidade, Erri de Luca: o autor, marxista confeso, presenta a un rapaz orfo que aprende o oficio de porteiro, a quen o seu maestro cóntalle interesantes historias.
·Made in Galiza, Séchu Sende: relatos curtos cunha clara mensaxe, idiotizando a tódalas creencias en contra do galego.
·O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas: a historia xira ao redor do doutor Da Barca, un implacable militante preso na posguerra que ademáis vive un intenso amorío con Marisa Mallo, descendente da fidalguía galega.


btemplates