O neno que fala, mellor dito, falaba, galego (artigo de opinión)
Hoxe contoume a miña irmá: ''Hai un novo rapaz na miña clase, é de Betanzos e fala galego'' e eu respóndolle ''Ah si? Que ben, e vós faládeslle en galego tamén?'', ''Non, todos nós falamos en castelán''. Conclusión: o rapaz en pouco tempo deixará de falar a súa lingua e pasará
Home, tampouco hai que ser maniqueísta, non é que sexan abxectos os rapaces, penso que non é culpa súa. Como sempre, isto ten certas razón sociais, que quedan moi ben reflectidas nos máis pequenos, xa que son os máis vulnerables.
Estas razóns son diversas, e moitas as temos xa máis que repetidas: os pais diríxense aos seus fillos en castelán, malia que falen entre eles en galego; os prexuízos do estilo ''A mi el gallego no se me da bien'' ou ''Es una lengua de aldeanos y radicales''; imposición mediática do castelán, xa que só unha cadea, A TVG e o seu canle secundario, emiten a súa programación en galego e non hai xornais diarios en galego, etc. Pero hai unha razón que eu penso que é a pedra angular no camiño de normalizar a lingua: o ensino.
A normativa actual decreta que as clases débense impartir a metade en galego e a outra metade en castelán, pero moi lonxe estase de cumprir a lei. Sen ir máis lonxe, no meu instituto, na miña clase, só impártese en galego a materia de Lingua Galega (este é o meu segundo ano no instituto e a situación non mudou). Non teño a intención de culpar a ninguén en concreto, porque non sería doado obrigar a un profesor foráneo a que imparta incomodamente as súas clases, pero non sei onde estaría a complicación de que se dividiran as asignaturas en galego entre os profesores (habería moito de que preocuparse se de doce docentes non saiban seis falar a lingua do país onde viven).
Pola outra banda, a situación do galego no ensino non vai mudar até que o goberno non se comprometa sinceramente coa lingua. Namentres a clase política dirixente denuncie unha suposta ''imposición do galego'' (que eu saiba a lingua imposta e foránea e o castelán) e ameace con decretos <
Luís Toledo



0 voces:
Postar um comentário