Preséntome
Son Luís, un rapaz que comeza a plasmar a súas primeiras verbas rebeldes a idade temperá. Dende sempre gustoume a literatura e dende hai varios anos a política é a miña gran pasión contemplativa. Son comunista, non vou negalo, e estou orgulloso dende que son pequeno.
Unha serie de problemas fixéronme refuxiar nos libros e cando me decatei, tiña moito que escribir. Iso liberoume, quizais tiña esa espiña cravada dentro, e agora mato os tempos mortos debullando nas miñas propias historias. Comecei a escribir unha novela, máis de proba que de outra cousa, a cal espero ir mellorando pouco a pouco até que sexa decente. Sei ben que o un dos piares fundamentais á hora de escribir é a practica, preferiblemente a diario, e aí o meu lenzo. Agora estou escribindo algúns relatos, aínda que sen todo o tempo que quixera, para presentar nuns concursos literarios no meu instituto. Xa anunciarei os resultados...
Ás veces os que me leades podedes decatarvos dalgún erro gramatical, isto débese a que non son nado en Galiza e estou na ''Etapa B'', coma diría Séchu Sende, na que falo máis ou menos mal o galego. Son nado en Caracas, Venezuela, pero meus avós son emigrados da posguerra: ela de Aldán e el criado en Madrid (o seu pai foi un republicano fusilado). Nacín no '94 e chegamos no 2000 a Cangas do Morrazo, pobo onde vivín felizmente até o 2008, cando mudamos ao barrio de Coia en Vigo, lugar onde vivo moi ben, non podo dicir que peor que en Cangas.
Os que me lean, xa me coñeceredes mellor botándolle unha ollada aos meus escritos e se algo non vos gusta, pensades que quedaría mellor doutra maneira o calqueira outra suxestión, xa sabedes, gústame que me corrixan, e a autocrítica para min é importantísima.
Sen máis, saúde
3 voces:
ben ben mozo segue escribindo que non tes tantos erros.
Irei lendo os teus relatos
Saúdos
Parabéns Luis. Esperarei teus novos escritos. Xa falaremos.
Bicos
hola luiscito!!! tu tio yayo y tu tia Bri estamos orgullosos de ti! lastima q no entendemos mucho gallego pero nos encanta las cosas q escribes!!!! cuidate y desde aqui te mandamos muchos besos!!! saudos y bicos! jaja
Postar um comentário