Pequeno parón

Nestes días non vou publicar moito nesta páxina xa que os exames finais achéganse e despois imos unha semana de vacacións ao Delta do Ebro en Catalunya. A ver se aproveito este corenta días que lle restan ao curso para poder marchar tranquilo e disfrutar nas vacacións en que espero rematar a miña primeira novela.
Os relatos de momento tiveron boa acollida polas persoas que os leron, e estou moi agradecido xa que iso me anima a escribir. Por certo, varias persoas dixéronme xa que teñen problemas ao intentar deixar comentarios. Non vos preocupedes, de todas formas se queredes dicir algo podedes enviarme un correo electrónico.
Como curiosidade, subo o deseño dun selo co que gañei un mini-concurso e que é o debuxo escollido para a estampa do instituto.

btemplates

0 voces:

Postar um comentário